Hai proxectos que nacen pouco a pouco, e outros que nacen con ilusión desbordante. Este quero que sexa un deles e estou desexando comezar a compartilo con vos.
Este venres darei o paso que levo tempo preparando: publicarei a primeira entrada do meu blog, un espazo no que quero entretecer o marketing coa industria da moda, dúas disciplinas que me apaixoan e que, xuntas, contan historias fascinantes sobre creatividade, estratexia e identidade.
A partir de aí, cada domingo ás 20:00, compartirei con vos unha nova publicación. Será o noso encontro semanal para descubrir como as marcas máis coñecidas —e tamén as máis emerxentes— conseguen conectar coa xente, inspirar emocións e construír universos arredor dun simple produto.
Quero que este blog sexa moito máis ca un escaparate de textos: o que busco é que sexa un espazo vivo e participativo, no que todos poidamos aprender, reflexionar e crecer xuntos, xa que eu non o sei todas as historias sobre este tema e eu tamén podo aprender de vos. Cada entrada é unha oportunidade para debater, cuestionar e mirar a moda con ollos curiosos.
Se tes algunha marca que che gustaría que analicemos, ou algunha historia de marketing que che esperte curiosidade, déixao nos comentarios ou ponte en contacto connosco a través do formulario da web.
As túas ideas poden converterse na próxima publicación, porque queremos que ti tamén formes parte deste proxecto.
Estou desexando comezar esta viaxe e compartir contigo o que máis me gusta facer: contar historias que unen a creatividade coa estratexia.
Vémonos este venres — e cada domingo ás 20:00 — aquí, onde o marketing e a moda se dan a man.
Grazas por acompañarnos dende o principio.
