Blog de Marketing na industria da moda

De que trata o Blog?

Nesta web falareivos de diferentes asuntos relacionados coas campañas de marketing das principais empresas da industria da moda e de como as puxeron en marcha. Analizareivos as estratexias que están detrás das marcas máis recoñecidas e tamén das novas firmas emerxentes que están a revolucionar o sector.

Mostrareivos como o branding, as redes sociais, o influencer marketing, a sustentabilidade e as novas tecnoloxías están a transformar a maneira na que as marcas se comunican cos seus clientes. Dende campañas publicitarias icónicas ata proxectos innovadores de moda sostible, ofrecendoche unha visión completa das tendencias actuais e das mellores prácticas que marcan o rumbo do mercado.

Tamén compartireivos análises, entrevistas, exemplos inspiradores e consellos útiles para profesionais e estudantes interesados en comprender como se constrúe o éxito no competitivo mundo da moda.

O meu obxectivo é crear un espazo de referencia para todos aqueles que queiran afondar na conexión entre creatividade, comunicación e estratexia empresarial.

Two women modeling fashion on a building facade.